A.V. Doutor Fleming Dirección Xeral de Política Lingüistica

Benvid@ o portal veciñal da A.V. Doutor Fleming

Este portal ten intención de dar servicio a tódolas/os veciñas/os do barrio e tamén as/os viguesas/ses, extendéndose as/os usuarias/os da internet en xeral. A base do portal é un índice de comercios e servicios que se poden atopar no noso entorno máis próximo, de xeito que aporte información básica dos mesmos. O portal medrará en servicios para as/os usuarias/os coa inclusión de máis información e servicios propios do portal, tendo en conta as demandas que fagan as/os veciñas/os, comerciantes e institucións. A inclusión dos datos de contacto: teléfono, correo electrónico e fax poden axilizar algúns dos servicios. O horarío permite coñecer con exactitude o momento en que podemos dispoñer dos servicios. Pretende ter un carácter de nexo entre os comercios incluídos, que parten cun denomidador xeográfico común engadíndolle outro na internet.

Cómo funciónará o portal:

O que atoparás no portal é unha primeira división entre comercios e servicios, onde cada sección estará composta por categorías dos mesmos que recollerán os datos proporcionados por cada comercio.

A/O usuaria/o do portal escollerá entre:

Comercios: están incluídos todos aqueles establecementos ou empresas.

Servicios: están incluídos os que teñen carácter público, onls ou que teñan un carácter de servicio público.

Despois de escoller unha das categorías nas que están dividas as duas seccións, atoparase un listado cos nomes dos comercios ou servicios, premendo sobre o nome aparecerán os datos relativos o mesmo.

Entrar no portal Escríbanos